Tuesday 14 de May de 2024

Touro cítase mañá mércores co espectáculo Estrafalaria


O Concello de Touro recibe mañá mércores, día 16 de setembro de 2020, o espectáculo Estrafalaria de Xarope Tulú. Será nas pistas da Praza do Luar, en Fonte Díaz, a partir das 17.00 horas. Estrafalaria, que combina a narración oral coa manipulación de obxectos onde o público participa activamente do relato, está dirixido a familias e público infantil de máis de tres anos. As personaxes que interveñen na historia caracterízanse pola súa peculiaridade e levan a diferenza como bandeira. A celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia da Covid-19. O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto. Prégase acudir con anticipación á hora sinalada para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.